Featured image of post Un sistema inmunitario debilitado polo virus da ignorancia
Featured image of post Un sistema inmunitario debilitado polo virus da ignorancia

Un sistema inmunitario debilitado polo virus da ignorancia

Foto feita pola autora nunha fraga dos Países Baixos

O meu trauma non o perpetuou só unha familia. Tamén un pobo. Centos de persoas que normalizan a violencia verbal como se eso fose o seu único mecanismo de defensa, abusar dos demais antes de que abusen de ti.

Acéptase como lexítimo e ignóranse todos aqueles comportamentos sans que che permiten poñer límites e expresar as túas emocións con liberdade. A ignorancia é un virus que se transmite a idades moi temperás e que non se pode combater co sistema inmunitario tal e como se nace. Precísanse vacinas, repeticións e mesmo hábitos saudables de hixiene que reduzan a exposición a ese virus, a ignorancia tornada violencia.

Non é cousa de homes, nin de mulleres, pois contáxiase do mesmo xeito. As manifestacións si son distintas dependendo do sexo pero as consecuencias moi parecidas.

Combater esta epidemia é o derradeiro reto do ser humano.


Apoia a autora e recibe as últimas publicacións subscribindote en:
Instagram Medium Youtube Telegram

Bótalle un ollo ao seu último libro 📕, En Brandán
Licensed under CC BY-NC-SA 4.0
comments powered by Disqus
Creado con Hugo
Tema Stack deseñado por Jimmy