Featured image of post Libros

Libros

En Brandán

Que dirían de ti os veciños de Brandán?

Merca o teu exemplar por só 9,99€

Online En tenda Ebook

Cando o corpo de Noa Gaiteiro se atopa ao lado do río, os axentes de policía de Brandán comezan unha viaxe a contra reloxo que os levará a investigar todos os recunchos da cidade e a enfrontarse aos seus propios prexuizos e ideas.

Do mesmo xeito, o lector que se aproxime a esta obra deberá deixar a un lado as súas preconcepcións, a risco de necesitar unha segunda lectura para descubrir todas as claves deste… asasinato?

Igual que en Resaibo Amargo, a anterior novela de Lucía Ferro, En Brandán ten unha mirada implicada co mundo que nos rodea, buscando unha complicidade con quen normalmente se queda ás marxes, mais sen descoidar o sentido do humor ou a emoción que supón resolver un bo misterio.

Resaibo Amargo

Cando a vida che da o último aviso.

Consegue a última edición por 16,99€

Online En tenda Ebook

Resaibo Amargo é unha novela de suspense (thriller) que se desenrola en A Coruña levando ao lector polos lugares máis icónicos e tamén por algún recuncho que só os que alí viviron recoñecerán.

As personaxes non son convencionais e por iso as interaccións humanas que se mostran na historia teñen moito que transmitir.

Trátase o tema da mafia farmacéutica de forma pormenorizada pero iso non significa que non haxa espazo para discutir outros moitos coma son a violencia doméstica e outras relacións tóxicas, as dificultades diarias das persoas LGBTQ, persoas maiores dependentes ou a saúde mental en calquera ámbito.

Con Resaibo Amargo non só se pode aprender unha variedade de leccións, se non que o constante aumento da tensión convertirá a experiencia de leer este libro nunha aventura en si mesma.

Colección Lucía Ferro

Mercar: Online En tenda

Libro a libro, Lucía Ferro comparte a súa visión inusual pero comprometida da sociedade. Cada nova novela trata de distanciarse das temáticas e formas das anteriores para sorprender ao lector, pero mantendo unha solidariedade inusual coas persoas ás que non soemos adicar unha segunda ollada.

Por isto, se che gustou algunha das súas obras ou te interesaron os seus artigos, non dubides en achegarte á colección enteira, dispoñible polo momento en Amazon ou en tendas, e próximamente a través desta web.

Enlaces

En tenda

Online


Apoia a autora e recibe as últimas publicacións subscribindote en:
Instagram Medium Youtube Telegram

Bótalle un ollo ao seu último libro 📕, En Brandán
Licensed under CC BY-NC-SA 4.0
Creado con Hugo
Tema Stack deseñado por Jimmy