Featured image of post Cursos e Talleres

Cursos e Talleres

A docencia sempre foi un pracer para min. Comecei de moi nova dando apoio escolar e máis tarde titorizando a alumnos de enfermería. Agora, coa experiencia adquirida durante o meu proceso de aprendizaxe como escritora xunto co desenrolo de dúas novelas e preto dun cento de artigos, preparei unha variedade de cursos e talleres que espero inspirarán a uns cantos a emprender o camiño da pluma.

  1. Curso de escritura: “Como conseguir rematar unha historia”
  2. Taller de escritura creativa
  3. Taller de escritura creativa para menores de 14 anos
  4. Iniciación á escritura terapéutica
  5. Coaching para escritores noveles

Curso de escritura: “Como conseguir rematar unha historia”

O obxectivo deste curso é axudar ao participante a conseguir a confianza necesaria non só para comezar a escribir se non tamén para rematar os proxectos iniciados. Unha das partes máis difíciles da escritura é ser capaz de rematar unha historia xa que é un proceso longo que require un alto nivel de dedicación sen saber moi ben como serán os resultados. É así que con este taller se aportan as ferramentas necesarias para facilitar o camiño.

Contidos do curso

Taller de escritura creativa

Neste taller empréganse unha gran variedade de métodos para a motivación da creatividade co fin de explorar a imaxinación de cada quen sen caer en criticismos. É unha actividade que non só mantén a mente áxil se non que tamén ofrece momentos de risa e comedia a compartir con todos os participantes.

Que se fai neste taller

Taller de escritura creativa para menores de 14 anos

No futuro a intelixencia artificial pode chegar a superar as capacidades técnicas do ser humano, por elo é importante que a mocidade exercite a súa imaxinación e creatividade xa que será, xunto co pensamento críticos, unha das cualidades máis apreciadas para daquela.

Como aprenden con este taller

Iniciación á escritura terapéutica

A saúde mental é un tema que cada vez preocupa a máis xente. O acceso a axuda sanitaria adecuada acostuma a atrasarse debido falta de profesionais ou ao seu elevado custo económico. A escritura terapéutica non é unha cura, mais é unha ferramenta que nos permite explorar as nosas emocións de forma sa e segura demostrando ter notables beneficios no benestar persoal ao tempo que non supón ningún risco. O obxectivo aquí será darlle ao participante o empurrón necesario para comezar un novo camiño cara a autorregulación emocional.

Descubre máis sobre esta actividade

Coaching para escritores noveles

Non a todo o mundo lle pica o becho da escritura, é por elo que se ti sentes o impulso de poñer en papel esas verbas que che rondan pola cabeza, debería facelo. Cando un se enfronta a un páxina en branco pode resultar sufocante chegar ao final. Se cadra, consegues escribir unha cantas pero chega un momento no que descoñeces como continuar. Ás veces a persistencia non é suficiente e precisamos dunha man experimentada que nos axude a atopar o camiño. Se é iso o que andas a buscar, estás no lugar indicado. Comigo recibirás o apoio personalizado que precisas con consultas e correccións inclusive.

En que che podo axudar

Se che interesa calquera destas propostas escríbeme a lucia@luciaferro.es

Clases individuais e personalizadas por 20€/h para adultos e 15€/h ata a maioría de idade.

Cursos e talleres en grupo a discutir segundo a cantidade de persoas, horario e localización.


Apoia a autora e recibe as últimas publicacións subscribindote en:
Instagram Medium Youtube Telegram

Bótalle un ollo ao seu último libro 📕, En Brandán
Licensed under CC BY-NC-SA 4.0
Creado con Hugo
Tema Stack deseñado por Jimmy