Featured image of post Soñan co Vento
Featured image of post Soñan co Vento

Soñan co Vento

Sopra o vento do oeste,
do norte e do sur-este.

Sopran os ventos e chocan
como no mar as súas ondas.

Remuíños de aire cheos de inocentes follas
que loitan por agorecerse en madrigueiras de lobas.

A sorte duns poucos aparece cando os ventos tornan
e déixanse caer sobre a auguiña onda alí afogan.

Mentres tanto están os galos dourados
detrás de grandes fiestras agochados
vendo como todos loitan como se o mundo fose o seu anfiteatro.

Escoitan os asubíos e tamén os berros
e pensan que é a canción que anuncia o entretempo.

Nin se decatan de que o que ven é certo,
de que non son marionetas nin bonecos.

E cando cansan de tanto entretemento
marchan para a cama e soñan co vento.

Así son os días do alto estamento.


Apoia a autora e recibe as últimas publicacións subscribindote en:
Instagram Medium Youtube Telegram

Bótalle un ollo ao seu último libro 📕, En Brandán
Licensed under CC BY-NC-SA 4.0
comments powered by Disqus
Creado con Hugo
Tema Stack deseñado por Jimmy