Featured image of post Tarde (Gonzalo P.)
Featured image of post Tarde (Gonzalo P.)

Tarde (Gonzalo P.)

Un relato escrito por Gonzalo P. durante o Obradoiro de Escritura Creativa organizado en Barreiros o día 17 de maio do 2024

A súa respiración era pesada e húmida. En cada man un arma e na cabeza, a máis poderosa segundo el. Levaba toda a vida preparado para este día. El, sempre respectado e temido a partes iguais non entendía como había chegado todo a revirarse da maneira.

Tantos anos controlándoo todo e agora catro macacos puxérano contra as cortas, non o permitiría. Catro mocosos que non saben nin por onde mexan, pensaba el. Pero eses mocosos conseguirán poñer a todos na súa contra.

De súpeto o día calmouse, como preparando todo para o que se viña. Pasados un minutos oíunos ao lonxe, chamaban por el e pedíanlle regresar, ofrecíanlle una vida tranquila, xa pasara o seu tempo dicían. Ha, inocentes. Agardou uns minutos máis e apareceron, os catro xuntos, dobrando una esquina ao fondo do camiño que tiña diante. Case non conseguiu conter un grito de ledicia. Non o podía crer, viñan os catro xuntos. Pánfilos. Non tiñan nada que facer contra el nun ataque frontal.

Saíu de onde estaba agochado e atacou sen contemplacións. Xa podía saborear a vitoria e, de pronto, todo se puxo a escuras.


Cando recobrou a conciencia atopábase de volta na aldea. Brazos atados ás costas pero sen feridas. Como lle había pasado isto? Que fixera el para merecer semellante deshonro?Sacrificara toda a súa vida por eles e agora tratábano como un criminal. Como podían aqueles catro mocosos desafiar a súa autoridade? E sobre todo, como podían habelo enganado? Sentíase un auténtico parvo.

Ao rato abriuse a porta da cabana máis alta da aldea, aquela que ata facía nada fora o seu fogar. Dela saíron os catro macacos, vitoriosos, pero había algo estraño nas súas miradas. Sería tristeza?

Falaron con el e propuxéronlle dúas opción. Ningunha o satisfacía pero quería vivir, e elixiu vivir. Sabía que o seu momento volvería, era máis forte ca eles e demostraríao. So necesitaba tempo para que todo volvera á calma; tempo e que non o volveran a coller desprevido, esta vez tiña que ser máis listo ca eles.

Foi realoxado nunha das cabanas máis modestas da aldea, con dous compañeiros de tribo na porta mañá e noite. Desconfiaban del e facían ben.

Pasaron semanas antes de que comezaran a fiarse del, mais comezaba a sentirse a gusto co seu novo rol na aldea, que basicamente consistía en durmir e comer, como outro vello máis. Aínda non o sabía pero estes serían os mellores días da súa vida.


Os meses voaban e cada día se sentía máis integrado e máis querido, de novo, e as súas ansias de poder volveron a emerxer. Mais a súa mera presencia seguía incomodando a algúns.

Unha noite fría de inverno, una desas noites nas que non se ve un árbore a dous pasos, escoitou uns berros. Saíu da casa e aspirou a brétema. Cheiraba a sangue e iso transportouno a tempos pasados. Buscou a orixe do alboroto, un grupo de alimañas colárase na aldea. Rapidamente acabou con elas, seguía conservando una forza que noutros tempos o fixera un líder.

No centro da aldea, alí onde un día estivera atado, tres dos novos xefes xacían nun charco escarlata. O restante, ferido, pedía axuda a berros.

Era o seu momento de recuperar o seu ansiado poder. Ergueu a súa vara, apuntando co extremo afiado e cargou.

Por primeira vez en toda a súa vida errou o golpe.


Ergueuse pola maña e todo parecía novo. Xa limparan a desfeita e o macaco dirixía as labores de reconstrución. Sentado nunha táboa que levaban entre outros compañeiros impoñía un novo respecto. Era un bo líder. Doíalle, de verdade, pero xa se dera de conta facía tempo. Convertérase nun líder moito mellor do que el fora nunca.

Chegara o momento de dar un paso ao lado.

Iba a retirarse cando o macaco o chamou. Enchido de orgullo pola vitoria da noite anterior achegouse a el, pero nese intre viu algo raro na mirada do macaco. Cando estaba a menos de dous pasos sentiu algo rascándolle o peito e , cando mirou abaixo, una vara afiada asomáballe á altura do estómago.

Ergueu a vista e, xusto antes de caer axeonllado, atisbou un sorriso na cara do macaco.


Descarga aquí o pdf da historia

Apoia a autora e recibe as últimas publicacións subscribindote en:
Instagram Medium Youtube Telegram

Bótalle un ollo ao seu último libro 📕, En Brandán
Licensed under CC BY-NC-SA 4.0
comments powered by Disqus
Creado con Hugo
Tema Stack deseñado por Jimmy