Featured image of post Non temas, meniña grande
Featured image of post Non temas, meniña grande

Non temas, meniña grande

Prométocho, ruliña, pasar pasará.
Cando libres o teu peito de todo mal,
os pesadelos minguarán
e os días mellorarán;
pois sempre nel o teu corazón se agochará.
É o seu refuxio, o seu leito,
e del non o podes desencaixar.
Coida o teu corpo como o fai o lacazán
porque sen descanso ninguén se pode curar.
Xa te aviso, has de dubidar
do teu valor persoal,
das túas decisións,
e do teu camiño vital.
E aínda que che recomendo escoitar,
tamén che digo que por ti
has de comezar
pois se escoitas demasiado aos demais
pódeste confundir aínda máis.
E esas voces que che están a falar
día e noite se parar
son as sombras dun pasado
que por sorte ficou atrás.
Así que do mesmo xeito que as ondas do mar,
obsérvaas e logo déixaas pasar.
Son recordos que non debes deixar de lembrar
pero tamén son dos que te poden torturar.
E xa sabemos que a tortura te pode matar.
Non o fixo aínda pero a tempo está.
Non te culpes polas almas que tiveches que abandonar
porque tampouco eran a túa responsabilidá.
A culpa é rápida ao nos infectar
e pouca é a menciña que se pode empregar,
por iso unha dieta baixa niso de se fustiagar
é a única recomendación de verdá.
Esquece as crenzas que che fan tanto mal
e colle as novas que che fan cicatrizar.
É un camiño longo, non vaias pensar,
mais é un sendeiro que merece o teu pisar.
Xa verás como o vas a desfrutar
unha vez que de ti non te poidas olvidar.
Polo de agora non te has de preocupar
se o que queres é avanzar
e nun futuro a outros apoiar.
A única urxente e certa necesidá
é a de ti mesma coidar.


Apoia a autora e recibe as últimas publicacións subscribindote en:
Instagram Medium Youtube Telegram

Bótalle un ollo ao seu último libro 📕, En Brandán
Licensed under CC BY-NC-SA 4.0
comments powered by Disqus
Creado con Hugo
Tema Stack deseñado por Jimmy