Featured image of post Mindfulness en Galego
Featured image of post Mindfulness en Galego

Mindfulness en Galego

Hoxe en día, nun ano tan complicado como o 2020, a relaxación é o ben máis prezado. Ás veces obsesionámonos tanto con traballar que esquecemos esa parte do noso ser que precisa unha atención especial. Pensamos que se traballamos e alcanzamos certas metas chegará un día no que todo terá sentido. O problema é que a vida non ten sentido, ou polo menos non ten máis sentido que aquel que lle queiramos dar. Existen todo tipo de opinións sobre como levar o día a día. Existen relixións e cultos nos que xa che dan o plan feito. Existen filósofos con teorías para todo. E aínda así seguimos inmersos na escuridade en busca diso que funcione para nós. Coma se fose maxia.

Eu teño unha teoría moi sinxela que vou a compartir convos por se a alguén lle serve. Trátase de centrarte no día a día. Escoller unha serie de actividades que che dean placer e con elas crear unha rutina semanal. Todos os días un pouco de exercicio e comer sano acorde aos requerimentos dietéticos que este che supoña. Logo buscar esa actividade ou emprego que che faga pasar as horas. E por último consumir cultura, como por exemplo o cinema ou os libros.

Ama a túa rutina e amarás a túa vida.

Ás veces non é suficiente con iso e é preciso traballar un pouco máis os sentimentos. Ese é un aspecto da miña personalidade que estou a modificar pero entretanto cóntovos as miñas pescudas. Para a regulación das emocións existen moitos métodos mais hoxe só vou a falar do midfulness, en concreto dos cadernos de mindfulness. Trátase dun caderno calquera que se dedica a un mesmo, á nosa propia alma, poderíase dicir. É coma un diario pero con preguntas que se responden cada día. Aquí tedes un exemplo.

  1. Que vas facer hoxe que non só te beneficiará a ti se non que aporta a esta sociedade ou á natureza?
  2. Agradece algo que xa está na túa vida.
  3. Que sentimentos te incomodan e deberías traballar con meditación ou terapia?
  4. Tes algunha dor corporal? A que se debe? Como podes solucionalo?
  5. Pensa no día de onte e lembra o momento que máis desfrutache.
  6. Pensa no día de hoxe e naquelas cousas que desexas facer porque simplemente te fan feliz.
  7. Lánzate un sorriso a ti mesma. Fai un pequeno debuxo e exprésate sen prexuízos.

E o máis importante de todo é lembrar que

O FUTURO É INCERTO


Apoia a autora e recibe as últimas publicacións subscribindote en:
Instagram Medium Youtube Telegram

Bótalle un ollo ao seu último libro 📕, En Brandán
Licensed under CC BY-NC-SA 4.0
comments powered by Disqus
Creado con Hugo
Tema Stack deseñado por Jimmy