Saen da miña boca palabras antergas
cando piso o solo húmido da miña terra.
O aire galego, co seu cheiro a herba,
a ouca salgada e a verde madeira,
devólvelle ao meu peito estas doces verbas.
Aínda que a distancia non me quite de estar cerca
pois cada día nesta lingua fálame a cabeza,
é certo que cando estou alí e a escoito a ela,
é como ouvir a un paxaro piar na primavera.
Recupera o corazón os sentimentos que a miúdo anhela.
E pois parece que esta lingua labrega,
polo seu fervente apego á natureza,
non só resoa nas nosas membranas internas,
se non que tece un fío de tea vermella
conectándonos co universo e a súa sabedoría inmensa.
Feliz día, meus migrantes, das letras galegas.
Apoia a autora e recibe as últimas publicacións subscribindote en:
Bótalle un ollo ao seu último libro 📕, En Brandán