Pasas as páxinas sen as reflexionar,
como quen volve a comer despois de xantar.
Non é o saber o que andas a buscar,
é o pasar das horas sen pensar.
Tampouco diso podes falar
pois semella que é molestar.
Quéixanse de que calada queres ficar
pero tampouco se paran a escoitar.
Pensan saber o que estás a pasar
mais eles non o tiveron que experimentar.
Comparan a túa reacción coa súa forma de actuar
porque non comprenden canto tiveches que agochar.
O que eles non saben nin saberán
é que ti estás a aprender a respirar
sen ter medo e sen te fatigar.
Unha lección dura de asimilar
pois pasaron moito tempo a te afogar.
Por iso agora doe ao inspirar,
ao aguantar o aire e ao expirar.
Porque todo iso que viviches non era normal.
Mais non te deixes desesperar
porque o tempo te ha de axudar.
Escribe as túas penas cando non as poidas contar
e sé sincera ao comunicar.
Leva moito tempo iso de se sandar
pero a dor nunca se debe ignorar.
E se algún día xa non podes máis,
aperta con forza a miña man.
Apoia a autora e recibe as últimas publicacións subscribindote en:
Bótalle un ollo ao seu último libro 📕, En Brandán