Featured image of post O paraugas de Carmela
Featured image of post O paraugas de Carmela

O paraugas de Carmela

Foto sacada por Lucía Ferro nalgún lugar deste mundo e con pouca calidade.

Historia compartida durante a Merenda Criminal do mes de xullo

Desde facía uns dous anos, exactamente cando o seu fillo menor marchara a universidade, Carmela colleu por costume asistir a sesión das oito do cine Pequenete cada domingo. A semana, dende que os rapaces marcharon estudar, fáiselle longa, pero o domingo á tarde, sen dúbida, era a parte que menos lle gustaba da semana.

Cando o verán chegou, a tranquilidade habitual de todo o ano trastornouse como cabe esperar no pobo de veraneo no que Carmela vivía, e aínda que sendo Carmela tan ávida de saber historias dos demais, non deixaba de poñerse un pouco nerviosa ao avistar novos personaxes na súa rutina, como Curro, un veraneante de longo tempo no pobo, que ata o ano pasado sempre viña acompañado dunha fermosa dona, pero que todas as investigacións feitas por Carmela, soubo que xa non volvería pola zona o acabar a relación con Curro meses atrás.

O certo é que este señor non chamara antes a atención da nosa protagonista, aínda vivindo case porta con porta, porque non acostumaba coincidir con el. Sin embargo, este verán Curro, seguramente tratando de encher ocos de soidade que non coñecía ata o seu divorcio, tamén empezou a coller como rutina ir a sesión das oito os domingo pola tarde.

É un domingo pola tarde, na sesión das oito cando Carmela non volveu a ver o seu paraugas favorito, un precioso paraugas de Cacharel que resultou ser o último presente que lle regalara o seu marido antes de falecer uns meses antes de que o seu fillo pequeno marchar a universidade, momento no que por primeira vez na vida comezou a vivir completamente sola.

Por suposto, este contexto, foi o que a levou a tratar o asunto do extravío do seu precioso paraugas, a un nivel de investigación propio do mellor equipo de profesionais.

A investigación comezou con un exhaustivo interrogatorio a Jaime, o acomodador, un rapaz ou tal vez un home de mediana idade, porque era desas persoas que sempre estaban aí, fisicamente igual, pero no que ninguén reparaba, polo que Carmela, tan enterada sempre de todo, non podía calcular ben a xeración na que ubicar o servicial acomodador que tivo toda a vida o mesmo traballo pero non tiña claro se empezara sendo un eno ou xa un home.

Jaime non foi de moita axuda, coma de costume non soltou prenda, Diría Carmela que se lle vía máis axitado do habitual, poida que cun sentimento de culpabilidade. Mais non era doado de descifrar. O máximo que lle sonsacou foi que o establecemento non se faría cargo do material subtraído. Vaia sorpresa.

Ademais do seu coñecido Curro, había unhas cantas persoas mais no cine, ningún de moita axuda para resolvelo seu misterio. O peor foi un tipo seguramente alemán que non tiña nin idea de galego. Ou castelán, para o caso. Para que viría ao cine daquela? E tiña unha cara de estar sempre abraiado e encantado coa vida. Podería ser que só viñese para subtraer o seu prezado paraugas?

En fin, que a pesar de canto buscou e interrogou non deu coa solución ao seu problema. Sorte que Curro a esperou mentres un a un liscaban todos eses posibles testemuñas. Así puido volver acubillada polo seu grande paraugas de volta ao seu domicilio. Curro era moi comprensivo, xa sabía o prezado que era para ela ese obxecto e permitiulle desafogarse durante todo o traxecto escoitando atento.


Jaime metérase nun bo problema. Nunca tal lle pasara nos seus anos como acomodador. Non lle fixera gracia subtraer o paraugas á pobre muller, pero o Curro dixo que era por amor. E os cen euros de propina xa os collera sen pensar moito no que viña despois. Bueno, era un bo paraugas, aínda que non puidera usalo na vila xa encontraría a alguén a quen agasallarllo, non é como se a Carmela se fose a mover moito fora do pobo.

Os autores desta historia son Loly e Jose



Apoia a autora e recibe as últimas publicacións subscribindote en:
Instagram Medium Youtube Telegram

Bótalle un ollo ao seu último libro 📕, En Brandán
Licensed under CC BY-NC-SA 4.0
comments powered by Disqus
Creado con Hugo
Tema Stack deseñado por Jimmy