Featured image of post A orixe das historias
Featured image of post A orixe das historias

A orixe das historias

Durante moito tempo críase que as historias eran simplemente un método de entretemento co que pasar mellor unha tarde chuviosa de domingo, fóra diso non tiñan maior utilidade. Iso cambiou. Hoxe en día hai historias en todo tipo de ámbitos: libros, contos, filmes, series, videoxogos, anuncios, discursos, aulas… A arte de contar historias é estudada por unha gran variedade de xente co obxectivo común de conseguir transmitir unha información ao seu público da maneira máis profunda e definitiva posible. Daquela sabemos que funciona e sen dúbida sentímonos atraídos cara unha boa historia. Pero cal é a súa orixe e que relación ten con nós os humanos?

Que é unha historia? Unha historia é o relato de como lle afecta á persoa protagonista o enfrontamento dunha serie de conflitos inevitables cando trata de acadar un obxectivo difícil de conseguir. A persoa protagonista debe cambiar para resolver ditos conflitos e así achegarse ao seu obxectivo final. A historia é o relato dese cambio ou transformación.

Comecemos polo principio. O Homo Sapiens apareceu en África fai 150.000 anos. Naquela época os sapiens non eran os únicos humanos que habitaban o planeta. Todo escoitamos oír falar dos neandertais e a complicada convivencia entre ambas especies. Durante miles de anos os sapiens non posuían ventaxa ningunha sobre o resto de especies humanas o que facía que competisen constantemente polo territorio como calquera outro animal. Mais fai 70.000 anos os sapiens comezaron a extenderse a outros continentes ata ocupalo ao seu completo convertíndose así na única especie humana do planeta. Durante este periodo de expansión construíronse útiles complexos como barcas ou lámpadas de aceite, apareceu o comercio e desenrolaronse actividades como a relixión ou a arte. Os investigadores consideran estes logros como o producto dunha revolución nas capacidades cognitivas dos sapiens. É dicir, evolución en si mesma. Unha combinación de mutacións aleatorias causaron unha redistribución das conexións internas do noso cerebro ata o punto de converter aos sapiens de fai 30.000 anos en seres humanos tan intelixentes, creativos e sensibles coma os actuais.

Esta evolución cognitiva non é simplemente unha mellora na comunicación se non que se trata de flexibilidade. Animais coma as baleas ou os monos son capaces de comunicar información sobre o seu entorno gracias a unha ampla variedade de sonidos que poden reproducir. Sen embargo, estes sonidos aínda que sexan abundantes son limitados. No caso da linguaxe humana estamos a falar dunha capacidade de coller eses sonidos e combinalos infinitamente para así ampliar a complexidade e diversidade das ideas que desexamos transmitir, adquirir ou recordar. Isto permitiulle ao ser humano non só intercambiar información sobre o seu entorno se non que tamén sobre eles mesmos. Así pois naceu a rexouba, a cal nos permite coñecer os detalles da nosa sociedade e así antepoñernos aos perigos que se poden orixinar dentro da propia tribu como o poden ser a falta de honestidade, as mentiras ou o propio odio.

Como mencionei antes as historias son cruciais para a evolución. Todos os animais se comunican pero só aqueles conscientes son capaces de contar historias. É dicir, a capacidade de contar historias é precisamente o que nos fai humanos. Moi ben, digamos que as historias veñen xa de vello e que a rexouba non sexa tan mala como a moitos adoitan pensar. Pero por que as historias seguen a ser tan importantes para o ser humano?

A capacidade de contar historias é precisamente o que nos fai humanos.

O ser humano nunca foi un animal especialmente forte. Nunha disputa corpo a corpo cun animal de maior tamaño, o sapiens ten as de perder. Nunha época na que os humanos vivían en plena natureza non era a hipertensión o que os mataba. Eran os perigos da selección natural. Cando a evolución trouxo as historias trouxo a posibilidade de experimentar infinitas situacións de aprendizaxe a través da túa imaxinación sen correr perigo físico ou mental. Esta, creo eu, é razón dabondo para que o ser humano perpetuase o uso e transmisión de historias. Mais non é a única, tamén existe un impulso animal que nos leva a facelo por simple pracer.

Os humanos somos dos poucos animais que practicamos sexo exclusivamente polo pracer que nos produce. A causa é a evolución e a razón a perpetuación da especie. Se practicar sexo resulta agradable para o ser humano, daquela o ser humano faráo máis a miudo. Coas historias ocorre o mesmo. O noso cerebro sinte un gran pracer ante unha boa historia. O obxetivo deste pracer é que lle prestemos maior atención e dedicación á esa mesma actividade. Entón estamos predispostos a querer escoitar historias porque esa é a característica xenética que nos permite aprender máis e mellor ca outros animais, os nosos competidores naturais. É por iso polo que preferimos unha novela histórica a un libro de historia. A novela consegue conectar mellor con ese pracer que as historias nos evocan.

Esa adicción humana a consumir historias non nos converte en preguiceiros hedonistas se non que nos converte en alumnos motivados.

Para finalizar déixovos aquí outra canción, porque toda arte conta unha historia. Tom’s Diner de Suzanne Vega na súa versión máis austera pero tamén a que máis me gusta. https://open.spotify.com/track/6z4qThYByGBpkfZJCm3UqQ?si=hMhkE-qbSLuwqQ-KPH3VTA

Fontes de información

Wired for Story (Lisa Cron)

Sapiens. De animales a dioses (Yuval Noah Harari)

Blog Contomundi: El origen de las historias (Mario Aller) http://contomundi.blogspot.com/2012/03/el-origen-de-las-historias.html


Apoia a autora e recibe as últimas publicacións subscribindote en:
Instagram Medium Youtube Telegram

Bótalle un ollo ao seu último libro 📕, En Brandán
Licensed under CC BY-NC-SA 4.0
comments powered by Disqus
Creado con Hugo
Tema Stack deseñado por Jimmy