Cargando a web de Lucía Ferro...
Respetamos a túa privacidade!

Esta web non usa cookies nin outras medidas de seguimento. Aquí estas seguro sexas quen sexas.

Bootstrap Themes

Lucía Ferro

Comecei a escribir moi nena pola necesidade que sentía de expresarme. Atopei na escritura a ese confidente seguro que sempre me escoitaba sen importar o que tivese que dicir. Relatos e poemas encheron páxinas e páxinas que por desgraza se perderon.

Estudei enfermería, que era o que cría necesitar unha rapaza de dezasete anos para poder salvar o mundo. Tras oito anos de experiencia en diferentes paises, decidin deixala atrás para dedicar todo o meu tempo a escribir.

Publicar a miña primeira novela non foi sinxelo mais ver que conseguira escribir un libro con certo valor social encheume de orgullo. Isto animoume a tomar a decisión que tanto rondara a miña cabeza e que non me atrevía a levar a cabo. Lucía Ferro

Presentación de Laídos Cardíacos en A Rilleira

Laídos cardíacos

Poemario Autobiográfico de Lucía Ferro.

Lucía Ferro ten un diario onde escribe poesía cando non pode durmir. Ou cando tantos pensamentos á vez lle impiden pensar. estes versos son libres non só na forma, tamén no contido, feitos coa intención de que ninguén os fose ler.

Desde principios de 2021 os poemas de Lucía mostran o cambio e aprendizaxe ocasionados polo sufrimento dunha crise vital. Son obras crúas, sen adornos. Pero veraces. A risco de expoñer quen é de verdade, decide recoller estes pedazos de caderno e compoñer Laídos Cardíacos.

Para facer xustiza a sí mesma, as palabras desta obra foron trasladadas case sen cambios dende o manuscrito orixinal. Os sentimentos que se transmiten, fan desta unha peza dura de ler. A conexión entre diferentes poemas e a coidada edición de cada páxina fai que, incluso quen non estea afeito a ler poesía se manteña apegado ata rematar.

En Brandán

Que dirían de ti os veciños de Brandán?

Cando o corpo de Noa Gaiteiro se atopa ao lado do río, os axentes de policía de Brandán comezan unha viaxe a contra reloxo que os levará a investigar todos os recunchos da cidade e a enfrontarse aos seus propios prexuizos e ideas.

Do mesmo xeito, o lector que se aproxime a esta obra deberá deixar a un lado as suas preconcepcións, a risco de necesitar unha segunda lectura para descubrir todas as claves deste... asasinato?

Igual que en Resaibo Amargo, a anterior novela de Lucía Ferro, En Brandán ten unha mirada implicada co mundo que nos rodea, buscando unha complicidade con quen normalmente se queda ás marxes, mais sen descoidar o sentido do humor ou a emoción que conleva resolver un bo misterio.

Resaibo Amargo

Unha mañá, o corpo de Mariana decide colapsar contra o chan do baño. Sexa a súa incomodidade no traballo de xornalista ou as complicacións na súa relación con Elena, está claro que algo na súa vida debe cambiar.

Inês, a pesar de que o seu aspecto e maneira de moverse comuniquen o contrario,non se sinte moito mellor. A empresa farmacéutica para a que traballa non ten moitos escrúpulos á hora de tratar os pacientes nin, polo que se ve, os seus traballadores.

Resaibo Amargo, a través da viaxe de ambas, expón sentimentos nos que o lector se verá reflexado. A medida que historia avanza e se profundiza en como se trata hoxe en dia a saúde mental, esta reflexión expándese para retratar a nosa sociedade.

A docencia sempre foi un pracer para min. Comecei de moi nova dando apoio escolar e máis tarde titorizando a alumnos de enfermería. Agora, coa experiencia adquirida durante o meu proceso de aprendizaxe como escritora xunto co desenrolo de dúas novelas e preto dun cento de artigos, preparei unha variedade de cursos e talleres que espero inspirarán a uns cantos a emprender o camiño da pluma.

Gustaríache aprender a escribir da man de quen xa andou o camiño. Desexas unha atención individualizada e adaptada aos teus proxectos persoais? Contacta comigo a través de lucia@luciaferro.es e cóntame cales son os teus obxectivos para podermos darlle forma aos teus talentos.

O obxectivo deste curso é axudar ao participante a conseguir a confianza necesaria non só para comezar a escribir se non tamén para rematar os proxectos iniciados. Unha das partes máis difíciles da escritura é ser capaz de rematar unha historia xa que é un proceso longo que require un alto nivel de dedicación sen saber moi ben como serán os resultados. É así que con este taller se aportan as ferramentas necesarias para facilitar o camiño.

Máis información

Neste taller empréganse unha gran variedade de métodos para a motivación da creatividade co fin de explorar a imaxinación de cada quen sen caer en criticismos. É unha actividade que non só mantén a mente áxil se non que tamén ofrece momentos de risa e comedia a compartir con todos os participantes.

Máis información

No futuro a intelixencia artificial pode chegar a superar as capacidades técnicas do ser humano, por elo é importante que a mocidade exercite a súa imaxinación e creatividade xa que será, xunto co pensamento críticos, unha das cualidades máis apreciadas para daquela.

Máis información

A saúde mental é un tema que cada vez preocupa a máis xente. O acceso a axuda sanitaria adecuada acostuma a atrasarse debido falta de profesionais ou ao seu elevado custo económico. A escritura terapéutica non é unha cura, mais é unha ferramenta que nos permite explorar as nosas emocións de forma sa e segura demostrando ter notables beneficios no benestar persoal ao tempo que non supón ningún risco. O obxectivo aquí será darlle ao participante o empurrón necesario para comezar un novo camiño cara a autorregulación emocional.

Máis información

Non a todo o mundo lle pica o becho da escritura, é por elo que se ti sentes o impulso de poñer en papel esas verbas que che rondan pola cabeza, debería facelo. Cando un se enfronta a un páxina en branco pode resultar sufocante chegar ao final. Se cadra, consegues escribir unha cantas pero chega un momento no que descoñeces como continuar. Ás veces a persistencia non é suficiente e precisamos dunha man experimentada que nos axude a atopar o camiño. Se é iso o que andas a buscar, estás no lugar indicado. Comigo recibirás o apoio personalizado que precisas con consultas e correccións inclusive.

Máis información

Encantaríame recibir as túas opinións sobre o que escribo ou os intereses que poidamos ter en común. Xa que non estou en algunha das redes sociais máis coñecidas, convídote a que